Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá celébrase o Concerto de Nadal do Conservatorio e a Escola de Música de Tui

18/12/2014

 

Mércores, 17 de novembro de 2014. O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá xoves, ás 20h, o Concerto de Nadal do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música de Tui.

 

Participarán no evento as Orquestras de corda da Escola e do Conservatorio; un Conxunto de Clarinetes do Conservatorio;  o Coro do Conservatorio, acompañado por un conxunto de Música Tradicional; e a Orquestra de Vento  do Conservatorio.

 

Amais durante este evento musical farase entrega dun diploma Honorífico á Asociación Músico-Cultural "Pai Rosendo Salvado", pola súa labor na formación musical de novos alumnos en Tui.

 

Previamente ás 19.30h terá lugar a entrega dos Boletíns de Notas dos alumnos dos dous centros de estudos musicais tudense.

 

A entrada para o concerto é libre e gratuíta ata completar o aforamento. As entradas pódense retirar dende ás 19.30h no propio Teatro Municipal.