Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá asinarase o protocolo de colaboración entre o Concello de Tui e a Cámara de Valença para a interconexión dos rexistro municipais

5/05/2015

Mañá mércores, ás 13h, no salón de sesións da Casa do Concello de Tui terá lugar a sinatura do protocolo de colaboración entre o Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença, ao abeiro da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, para a interconexión dos rexistros municipais.

Estarán presentes na sinatura do protocolo o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, o director xeral de Administracións Públicas da Xunta Jose Alberto Pazos Couñago, e o  vicepresidente da CCDR_N, Eduardo Viana.