Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 200 corredores danse cita esta fin de semana na Big Ride Eurocidade

29/04/2015

Máis de 200 corredores daranse cita esta fin de semana na primeira proba do Big Ride, Open de España de Enduro, que se vai disputar na Eurocidade Tui-Valença. A proba con carácter internacional reunirá aos mellores corredores de enduro tanto a nivel español, portugués coma doutros países. A organización corresponde á Sherpa Project a Eurocidade Tui-Valença coa colaboración da Federación Española de Ciclismo.

A presentación desta proba deportiva realizouse esta mañá na Cámara Municipal de Valença, estando presente o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, o coordinador de Deportes da Xunta en Pontevedra, Guillermo Reinaldo, o vereador de desporto da Cámara de Valença, José Monte, e o responsable da organización, Guti Martín.

Dúas son as principais novidades desta edición. Por unha banda que o circuíto terá carácter internacional ao desenvolverse na Eurocidade tanto no Monte Faro en Valença coma no Monte Aloia en Tui sumando un total de 63 quilómetros divididos en sete tramos. O sábado haberá tres tramos no Monte Faro cun desnivel acumulado de 1000 metros, remando o último deles xa na Macoca na subida ao Monte Aloia. O domingo os corredores terán que afrontar catro tramos cun desnivel de 1.500 metros no Monte Aloia.  Outra das novidades será que o paddock estará situado na zona da Macoca – na subida ao Monte Aloia – onde os participantes contarán con toda a infraestrutura da proba, con presenza de marcas líderes de mountain bike, e os patrocinadores Canondale e Sram, entre outros.  

Tanto o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, coma o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, destacaron a consolidación do programa deportivo da Eurocidade, con especial destaque ás probas de bicicleta de montaña.

O coordinador de Deportes da Xunta, Guillermo Reinaldo, felicitou tanto á organización coma á Eurocidade por acoller esta proba deportiva amosando o seu convencemento en que será un éxito.