Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Expresión Produccións presenta este xoves “Uxío no país de patadecabra”

17/03/2015

 

Martes, 17 de marzo de 2015. "Uxío no país de Patadecabra" é o título do espectáculo que este xoves, 19 de marzo, ás 20h presenta Expresión Produccións no Teatro Municipal de Tui.

 

Trátase dun espectáculo dirixido a público familiar, recomendado a partir dos 4 anos, escrito por Marina López e Fran Otero, que forman parte do elenco xunto a Manuel Solla. Ten unha duración de 55 minutos.

 

"Uxío no país de Patadecabra" é unha obra de maxia, teatro e monicreques protagonizada por un rapaz de 7 anos, Uxío, cuxo soño é converterse nun gran mago. A súa familia é moi humilde e o seu único xoguete é un libro cheo de emocionantes historias sobre o país fantástico: Patadecabra.

 

As entradas están á venda ata este xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

 

Expresión Produccións con "Uxío no país de Patadecabra"

Lugar: No Teatro Municipal de Tui

Data: Xoves, 19 de marzo, ás 20h

Venda de entradas: ata este xoves, 19 de marzo, ás 13h na web www.culturatui.info ou o propio xoves dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.