Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo dispútanse as finais do I Torneo Eurocidade de Tenis

2/10/2014

 

Máis de 100 deportistas participaron nesta primeira edición celebrada nas pistas de Areas e da piscina municipal de Valença

 

Mércores, 1 de outubro de 2014. Este domingo, 5 de outubro, celebraranse os partidos finais do I Torneo Eurocidade de Tenis. Este torneo vense disputando dende o pasado 19 de setembro nas pistas de tenis de Areas en Tui e nas pistas de tenis da piscina municipal de Valença, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Tenis Tui.

 

Máis de un centenar de tenistas están a participar no torneo nas tres categorías, absoluta masculina, absoluta feminina e dobres. As finais serán este , que terán a súas finais o próximo domingo, sendo o programa desta xornada o seguinte (horas españolas):

 

PISTAS DE TENIS DE VALENÇA

 

10:30     PISTA 1 - FINAL CONSOLACIÓN MASCULINA ABSOLUTA

                PISTA 2 - FINAL CONSOLACIÓN FEMININA ABSOLUTA

 

PISTAS MUNICIPAIS DE TENIS DE AREAS - TUI

 

9:30       PISTA 1 - FINAL DOBRES

PISTA 2 - FINAL DOBRES - CONSOLACIÓN

 

11:30     PISTA 1 - FINAL MASCULINA ABSOLUTA

PISTA 3 - FINAL FEMININA ABSOLUTA

 

13:00     PISTA CENTRAL - PARTIDO EXIBICION DE PROFESIONAIS

                               - CARLOS BECKE Vs DAVID VIDAL -

 

13:30     ENTREGA DE TROFEOS

 

 

A Eurocidade Tui-Valença e o Concello de Tui desexa felicitar ao Club Tenis Tui pola excelente organización deste torneo, así como aos participantes neste I Torneo Eurocidade de Tenis e anima a tódolos veciños de Tui e Valença a acudir a animar aos deportistas nesta xornada final.