Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase a Feira de Nadal cunha trintena de postos na Praza de San Fernando

18/12/2014

 

Mércores, 17 de novembro de 2014. Este domingo, 21 de decembro, ás 12h terá a apertura da Feira de Nadal na Praza de San Fernando. Trátase dunha iniciativa organizada este ano por ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, coa colaboración do Concello de Tui.

 

A presentación desta actividade tivo lugar esta mañá na Casa do Concello por parte do alcalde, Moisés Rodríguez, os concelleiros Vanesa Rodríguez e José Ángel Villaverde, e a presidenta de ACITUI, Pilar Besada.

 

Unha trintena de postos do comercio e a hostalaría local xunto a artesáns abrirán ata ás sete da tarde achegando adornos e decoración de Nadal, propostas de agasallos e tamén gastronomía.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou o fundamental que resulta a colaboración entre o Concello e ACITUI, ao tempo que destacou a aposta que dende o Concello se realiza un anos co investimento no alumeado de Nadal que anima as rúas tudenses con ambiente navideño e atrae a numerosos visitantes. Tamén o rexedor tudense amosou o seu convencemento en que esta Feira de Nadal e converterá nun referente en todo o Baixo Miño e norte de Portugal.

 

O tenente alcalde José Ángel Villaverde explicou que a feira sofre este ano un cambio de formado ao ceder o Concello a ACITUI a organización deste evento, agardando que sexa un éxito coma nas dúas primeiras edicións. A concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, explicou que a feira contará con animación musical por parte dos grupos folclóricos Seixos Albos de Areas e Santa Columba de Ribadelouro pola mañá, e San Fins de Rebordáns e a Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro pola tarde.

 

Por último a presidenta de ACITUI, Pilar Besada, agradeceu ao Concello cederlles o testigo na organización deste evento que afrontan moi ilusionados e que agardan vaia crecendo e converténdose nunha feira de referencia cos anos. Explicou Pilar Besada coma na primeira semana cubriron os vinte e oito postos ofertados que ampliaron en dous máis ata chegar á trintena. Adornos de decoración de Nadal, complementos, textil, agasallos, artesanía, son algúns do produtos que poderemos atopar no mercado, xunto á gastronomía que ofertarán sete establecementos de hostalería local. Está tamén prevista a presenza de Papa Noel que recibirá aos nenos recollendo ás cartas cos súas peticións para Noiteboa. A feira abrirá de 12h a 19h. En caso de choiva celebrarase no Claustro da Catedral.