Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este domingo celébrase a Andaina Muíño de Paredes, dentro do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade

22/04/2015

Este domingo, 26 de abril, a partir das 10.00 horas españolas, realizarase o cuarto percorrido do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, “Andaina Muíño de Paredes”, que sairá dende o pavillón da Macoca, en Pazos de Reis, Tui.

Esta andaina percorrerá as parroquias de Pazos de Reis e Rebordáns, sendo a distancia aproximada de 12 quilómetros, cun grado de dificultade fácil e unha duración de ao redor de tres horas.

Como é de costume, o punto de encontro alternativo será o aparcamento do Centro Interfederado, ás 09.45 horas españolas.