Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A empresa Darlin doou media tonelada de alimentos ao Concello de Tui

26/12/2014

 

Mércores, 24 de decembro de 2014. A empresa Darlin fixo entrega nos últimos días de media tonelada de alimentos non perecedoiros ao Concello de Tui que serán repartidos polos Servizos Sociais municipais. Un ano máis esta empresa amosa a súa solidariedade cos máis desfavorecidos polo que dende o Concello de Tui lle amosan a súa gratitude.

 

Por outra parte na fin de semana o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e membros da corporación municipal achegáronse ata as residencias San Telmo e Paz e Ben para felicitar as festas aos maiores que nelas viven ao tempo que compartiron os momento musicais ofrecidos pola Banda de Música Popular de Tui.