Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dixitalización do Arquivo Municipal de Tui ao abeiro do proxecto ARPAD

5/05/2015

O arquivo Municipal de Tui, integrado por 120 libros datados entre os  século XVI e XIX serán dixitalizados grazas ao proxecto ARPAD, Arquivo Dixital, Conservación do Patrimonio Documental e Eliminación do Papel nas Relación Administrativas, do que forma parte o Concello de Tui.

A empresa Vinfra S.A. adxudicataria do contrato disporá dun prazo máximo de 5 meses para dixitalizar 45.903 folios deste arquivo municipal cun orzamento de 60 mil euros que serán aportados polo Concello de Tui.  Deste xeito o Concello disporá do seu arquivo  municipal  en formato dixital, organizado nun ficheiro con metadatos descritivos do documento e do fondo.