Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Con de Tres Pés presenta “Síbaris” este venres en Tui

13/03/2024

É a obra teatral póstuma de Domingo Villar. Van xa vendidas máis de 250 entradas

Máis de 250 entradas van xa vendidas para representación de “Síbaris” por Con de Tres Pés que este venres pecha a programación dos meses de febreiro e marzo no Teatro Municipal de Tui. O público poderá gozar a partir das 21 h desta representación que leva a escena a obra teatral póstuma do escritor Domingo Villar.

Lois Blanco dirixe ao elenco formado por  Carlos Blanco, Belén Constenla, Oswaldo Digón e Pablo Novoa.

Esta divertida comedia achéganos a historia de Víctor Morel, vinte anos despois da publicación de “Síbaris” coa que se consagrou coma escritor, está nun bloqueo creativo que afecta a súa situación económica. A piques de tocar fondo a súa muller, Laura, atopa unha saída.

Domingo Villar, falecido en 2022, é o autor de “Ollos de auga”, “A praia dos afogados”, ou “O último barco”, que foron traducidas a máis de 15 idiomas. “Síbaris” é a única obra teatral que escribiu.

As entradas están á venda até 10 minutos antes do inicio da función en tui.gal aos prezos de 12€ e 9€.

Entradas