Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Balance positivo do curso de Deshabituación Tabáquica realizado en Tui

19/03/2015

 

Mércores, 18 de marzo de 2015. Un balance positivo é o que se pode facer do curso de Deshabituación Tabáquica impartido no Concello de Tui pola Asociación Española contra o Cancro. Así o expón a terapeuta que levou a cabo esta actividade entre o 28 de xaneiro e o 11 de marzo con sete sesións.  No mesmo participaron 13 persoas, 7 mulleres con idades entre os 35 e os 53 anos, e 6 homes de entre 27 e 71 anos. Deste total  7 persoas deixaron de fumar,  5 fuman 3 ou menos cigarrillos, e 1 persoa fuma máis de 3 cigarillos.

 

A mediados do próximo mes de abril está previsto realizar o primeiro seguimento destas persoas que participaron no curso.