Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Alumnos do Colexio Maristas visitaron hoxe o Concello de Tui

1/04/2015

Martes, 31 de marzo de 2015. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, recibiu esta mañá no salón de sesións da Casa do Concello de Tui a unha vintena de alumnos de 3º de Primaria do Colexio Maristas Santa María de Tui. A visita destes cativos enmarcouse dentro do traballo que están a realizar no día de hoxe sobre o municipio de Tui, os tipos de edificios, a súa función, tipoloxía e mesmo as rúas.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, deulles á benvida á Casa do Concello explicándolles o traballo que se realiza no mesmo nos distintos departamentos, así coma a composición da composición, ou a celebración das sesións plenarias.