Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

500 xogadores e xogadoras participan no XIII Torneo Internacional de Baloncesto Eurocidade

27/03/2015

 

Celebrarase esta fin de semana no pavillón de Valença dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade

 

Venres, 27 de marzo, de 2015.  Hoxe venres, mañá sábado e o domingo celebrarase no pavillón deportivo municipal de Valença o XIII Torneo Internacional de Baloncesto, organizado polo Basquet Club de Valença, en colaboración coa Eurocidade, que nesta edición formará parte do calendario de actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença.

 

Nesta edición participarán trinta e un equipos de Portugal e España, co preto de 500 xogadores e xogadoras de baloncesto, nas categorías de base sub 8, sub 10 e sub 12, que competirán no pavillón de Valença.

 

Pero este torneo non só é competición, xa que os deportistas realizarán outro tipo de actividades de lecer e culturais, gozarán de xogos na piscina municipal, así como coa celebración dun karaoke, actividades que permitiran unha convivencia entre todos os participantes.