500 xogadores e xogadoras participan no XIII Torneo Internacional de Baloncesto Eurocidade
Celebrarase esta fin de semana no pavillón de Valença dentro do calendario de actividades deportivas da Eurocidade
Venres, 27 de marzo, de 2015. Hoxe venres, mañá sábado e o domingo celebrarase no pavillón deportivo municipal de Valença o XIII Torneo Internacional de Baloncesto, organizado polo Basquet Club de Valença, en colaboración coa Eurocidade, que nesta edición formará parte do calendario de actividades deportivas da Eurocidade Tui-Valença.
Nesta edición participarán trinta e un equipos de Portugal e España, co preto de 500 xogadores e xogadoras de baloncesto, nas categorías de base sub 8, sub 10 e sub 12, que competirán no pavillón de Valença.
Pero este torneo non só é competición, xa que os deportistas realizarán outro tipo de actividades de lecer e culturais, gozarán de xogos na piscina municipal, así como coa celebración dun karaoke, actividades que permitiran unha convivencia entre todos os participantes.