Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

XXXI Desfile – Concurso de Comparsas e Grupos de Entroido

Data: 
12/02/2018
Lugar: 
Rúas Casal Aboy e Compostela

O luns, 12 de febreiro, ás 17.30h, celébrase en Tui o XXXI Desfile Concurso de Entroido polas rúas Casal Aboy e Compostela.

Diversión, sátira, imaxinación, ironía, colorido...mestúranse no Entroido tudense que ten a súa cita destacada no Desfile – Concurso de comparsas e grupos. Tras semanas ou meses de traballo é o momento de presentar as creacións ante o público nunha festa que se celebra dende hai tres décadas.