Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

VII Eurocidade 10

Data: 
10/06/2018
Lugar: 
Saída e chegada no Paseo da Corredoira, Tui

A VII Eurocidade 10 celebrarase o 10 de xuño cun percorrido por Tui e Valença de 10 quilómetros. Esta proba de atletismo será solidaria cos afectados de Paramos, para quen será recadación íntegra da proba, pero amais poranse á venda, o mesmo domingo, camisetas solidarias ao prezo de 5€.

A Eurocidade 10 é unha carreira pedestre que transcorre fundamental por asfalto na que se aproveitan os recursos patrimoniais e paisaxísticos de Tui, do Miño e de Valença, que conta co atractivo engadido de atravesar a vella Ponte Internacional.

A saída da VII Eurocidade 10 terá lugar este domingo, 10 de xuño, ás 11h dende o Paseo da Corredoira. Os participantes terán que percorrer os 10 quilómetros do circuíto establecido que  atravesando a vella Ponte Internacional e regresando ao punto de partida en Tui.

A inscrición para a Eurocidade 10 está aberta ata este xoves, 7 de xuño, ás 23.59h na web https://clubatletismotui.wordpress.com/eurocidade10/ empregando a plataforma Championchipnorte para os atletas españois e Lap2go para os portugueses. O prezo da inscrición é de 4€ que serán doados integramente á Plataforma Axuda Paramos. Os atletas que non posúan o chip amarelo deberán alugalo cun custe dun euro. Agardan superar os 300 atletas que participaron o ano pasado na proba.

Establécense premios para os gañadores absolutos, para os tres primeiros e as tres primeiras de cada categoría, sub23, senior e veterano A e B, e para os tres primeiros e tres primeiras atletas da Eurocidade.