Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición ‘Arquitectura, debuxo e tinta” de David Pérez Rego ‘Cato’

Data: 
8/09/2023
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Do 8 ao 29 de setembro pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez a mostra ‘Arquitectura, debuxo e tinta” do artista porriñés David Pérez Rego ‘Cato’.  O artista presenta ao longo deste mes de setembro máis de 50 debuxos orixinais, caracterizados por reproducir ao detalle, con estilógrafo, obras  do patrimonio arquitectónico de Galicia.

David Pérez Rego emprega nos seus debuxos unha técnica de punteado (stippling) e raiado (crosshatching) minuciosos que lle permite obter imaxes de gran realismo cun estilo moi persoal. O artista  dedica ducias de horas de observación, análise e traballo preciso na realización de cada imaxe, composta de milleiros de pequenos trazos.

A inauguración será o venres, 8 de setembro, ás 20 h.