Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

1ª San Silvestre Popular 2021

Data: 
31/12/2021
Lugar: 
Tui

Actualización → A 1ª San Silvestre Popular de Tui foi suspendida (+ info )

 

O venres, 31 de decembro, celebrarase a 1ª San Silvestre Popular de Tui, con carácter non competitivo

A proba está organizada polo Concello de Tui coa colaboración do Club Atletismo Tui.

  • Saída: ás 10.30 h dende o Paseo da Corredoira
  • Distancia: sinxelo percorrido urbano de catro quilómetros.
  • Chegada: Ao paseo da Corredoira

Ao remate, como avituallamento, servirase un chocolate quente con rosca, e entregarase ás persoas participantes un paquete con 12 uvas, para comelas ás 12 horas, ao son das badaladas do reloxo da praza da Inmaculada.

Inscrición:

  • A inscrición gratuíta, pode realizarse até ás 23.59 h do mércores, 29 de decembro → INSCRICIÓN 

A carreira terá unha compoñente solidaria polo que o día da carreira, o venres 31, dende ás 9.30 h na retirada do dorsal na zona de saída no Paseo da Corredoira, deberase entregar un quilo de alimentos non perecedoiros, que serán doados á Asociación SOS Tomiño – Baixo Miño.  

 Regulamento 1º San Silvestre Popular 2021