| Ligazóns de interese |
|
|
| O Concello |
|
|
|
| Turismo |
|
|
| Outros |
|
|
| Documentos |
|
|
|
|
|
Inicio > Turismo > Tui, la historia en piedra |
|
|
|
|
|
Tui, la historia en piedra |
O fértil val do Miño e as súas magníficas condicións naturais dotaron ao territorio tudense de asentamentos de comunidades humanas dende os primeiros tempos. Se conservan vestixios de época paleolítica (20.000 a.C.) nas terrazas fluvias do Miño e Louro, de época neolítica (5.000 a.C.) como o machado de Carrasqueira (Paramos) ou os monumentos megalíticos (Anta-Areas). Á introducción da metalurxia (4000 a.C.) deixou testemuñas como o casco de bronce e os machados de Caldelas (hoxe no Museo diocesano) ou gravados rupestres como os de Randufe.
Na época castreña (VIII-VII a. C. ata a Nosa Era) asistimos á construcción de poboados estables e fortificados nos cumes dos montes e outeiros, os chamados Castros. Os autores da época sinalan a Tui (Tude) coma capital do grupo xenticilio dos Grovios. No monte Aloia, Cabeza de Francos (Pazos de Reis), A Guía (Randufe) e mesmo na actual ubicación de Tui temos documentada a existencia de poboados castreños.
A chegada, no 137 a. C. de Decimo Junio Bruto e as súas tropas marca o inicio da Romanización deste territorio. As fontes clásicas (Plinio, Ptolomeo, Silo Itálico e outros) acreditan a existencia do Castellum Tude e da fundación mítica da cidade polo heroi grego Diomedes. Son moi abondosos os achádegos de época romana no territorio tudense, salientan a zona de Santa Eufemia-San Bartolmeu, con varias necrópolis excavadas, e a propia cidade de Tui, ocupando o castellum a zona da Oliveira. Tui era unha das mansións da vía XIX do itinerario de Antonino, como testemuñan os miliarios aquí atopados.
No Baixo Imperio e nos primeiros tempos medievais Tui continua a ser un importante centro militar, administrativo e relixioso –a sede episcopal aparece xa dende o século V-. As invasións xermánicas, a principios deste século, supoñen a chegada dos suevos. Tui figura como capital dos suevos co rei Rekiamundo (458-463) e varias moedas da época foron acuñadas na ceca tudense, que continuará funcionando logo da integración dos suevos no reino visigodo (585). O rei godo Witiza tivo en Tui a súa corte e os seus pazos, no lugar de Monterreal – Pazos de Reis, onde se conservaron estes restos ata o século XVIII. Nécroples, capiteís, laudas… son numerosos os achados arqueolóxicos desta época atopados na cidade tudense acreditando a súa importancia. O Parrochiale Suevorum (569) que fixo a división parroquial de Galicia, concede 17 parroquias á diócese de Tui, unha das mais numerosas.
Nos inicios do século VIII Tui sufre a invasión do árabes que asolaron a cidade; no ano 739 foi liberada polo rei Afonso I, no 850 Ordoño I levou adiante unha primeira repoboación e no 915 Ordoño II restaurou a Sede tudense. Nestes século IX e X Tui sufriu as inscursións normandas (entre elas a do rei Olaf). Prodúcese enton unha nova vacante da sede episcopal ata o 1071 en que os reis de Galicia D. Garcia e dona Urraca restauran e dotan de novo a sede, que se instala no mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns –igrexa datable no século XI pero con vestixios de anteriores construccións-.
Coa independencia do reino portugués, Tui será esceario de múltiples acontecementos bélicos derivados das loitas fronteirizas. No ano 1170 o rei Fernando II, ao comprobar como a poboación tudense atopábase indefensa na zona de San Bartolomeu , mandou trasladar a cidade á actual ubicación dotándoa dun sistema amurallado –do que inda se conservan na actualidade importantes treitos- e concedéndolle privilexios e foros aos novos poboadores de San Buenaventura, nome co que designou á cidade pero que non perdurou. Mantense enton unha decidida política da monarquía, tanto castelán como portuguesa, de doazón e privilexios á Sede tudense: o bispo é o señor da cidade e Tui experimenta un importante desenvolvemento socio-económico, así como cultural e artístico. No ano 1224 é consagarda a Catedral de Santa María, construida en estilo románico e cunha fachada de transición ao primeiro gótico en Galicia. O seu claustro é un pouco máis serodio. No estilo gótico está construido tamén o convento de San Domingos.
Neses séculos medievais Tui adquire a sua configuración urbana no actual casco histórico, que ocupa unha superficie en torno ás 10 Ha., e convértese nunha das cidades máis dinámicas e prósperas de Galicia. Dotada dun porto fluvial, era un importante centro comercial, contaba con diversos gremios e cunha comunidade xudea que tiña a súa propia sinagoga. Na zona histórica da cidade consérvanse numerosas edificacións de época medieval (especialmente do século XV, cos característicos arcos conopiais) e moderna (moitas delas blasonadas e que serían residencias de membros da nobreza: Casa dos Marqueses de Mos –actual Xulgado-, etc.). Nestes tempos é Tui un importante lugar de paso no camiño de peregrinación xacobea, dispondo dun hospital para o peregrinos.
En 1640, con motivo da guerra con Portugal, se amplían as murallas adaptándoas aos novos sistemas defensivos, abranguendo novas zonas da cidade (San Domingos, Corredeira, etc,). Durante a época moderna, ate 1833, Tui é unhas das setes capitais de provincia do Reino de Galicia e na cidade celebránse as Xuntas do Reino de Galicia de 1664. A estes tempos corresponde a construcción da igrexa de San Telmo, o convento franciscano de San Antonio, o convento de Clarisas, etc.
A finais do século XIX os gobernos de España e Portugal acceden a una reclamación dos pobos de Valença e Tui: a construcción dunha ponte internacional. Redactado o proxecto en 1879 polo enxeneiro Pelayo Mancebo y Agreda –inspirándose nas obras de Gustavo Eiffel de Burdeos ou Viana do Castelo- foi adxudicada a obra en 1881 á empresa francesa “Braine le Comte”. Dirixidas as obras por Uxio e Ernesto Rolín, finalizaron en 1885 sendo inaugurado oficialmente o 25 de marzo de 1886. Dende aquela a ponte internacional é o vierio que une ás cidades de Valença do Minho e Tui.
Ambalas dúas cidades contan cunha longa historia común e conservan un amplo conxunto monumental (o tudense declarado conxunto histórico artístico dende 1967) que agora arelan potenciar coa súa declaración como “Patrimonio da Humanidade” pola Unesco. |
|
Imaxes |
|
|
|
|
|
|