Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contraseña: Registrarme
   

Ayuntamiento de Tui
Departamentos
Outros

-->
O Alcalde

Supón para min un grande honor porderme dirixir a vos como alcalde da miña cidade natal, como alcalde da moi nobre e moi leal cidade de Tui teño o pracer de darte a benvida a esta web renovada que lle debemos a quen a financiou, os contribuintes, aos que lles quero agradecer o esforzo. Agardamos ir podendo mellorala e enriquecela para que se convirta nunha ferramenta dinámica e participativa, o mais útil e axil posible na procura de información sobre Tui e o seu goberno municipal, tanto para os viciños como para os visitantes.

Tui é unha das cidades máis importantes de Galicia, éo, desde logo, no plano da sua singular importancia simbólica, monumental, histórica, relixiosa e de paso fronteirizo. O noso pasado é glorioso, agora temos a tarefa de lograr entre todos que o noso futuro tamén o sexa.

Doce parroquias conforman o noso concello, son moitos os seus atractivos tanto para residentes como para os visitantes; o segundo casco monumental de Galicia, a cidade mais senlleira no tramo galego do camiño portugués a Santiago, o maior rio de Galicia, o pai Miño, cabeza do Baixo Miño e capital do meixón, cidade de San Telmo, corte do Rei Witiza, berce de San Paio, o monte Aloia e un longo etcétera de elementos históricos, paisaxísticos, naturais e monumentais que non te podes perder se ainda non os coñeces.

A nosa ubicación xeográfica convirtenos en cerne e epicentro das fondas relacións en todos os ámbitos que hoxe hai entre galegos e portugueses, conformamos unha cidade internacional con Valença do Minho, a eurocidade Tui-Valença que permite desfrutar do mellor de dous paises nunha única cidade, nun continuo urbano unido pola ponte centenaria.

Se benvido á páxina web do concello de Tui, descubre os seus contidos, e non dubides en trasladarnos todas as tuas dúbidas e suxestións. Estou convencido de que se ainda non coñeces Tui, decidirás visitarnos.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625