Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 3 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 4 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

PAZOS DE REIS
PAZOS DE REIS
Esta ampla parroquia tudense posue unha dilata historia que atopa no xacemento do castro de Cabeza de Francos, tamén chamado Alto dos Cubos, o seu primeiro expoñente. Este poblado foi escavado por vez primeira nos anos 1933 por Manuel Fernández-Valdés Costas, con posteriores intervenciones no ano 1954 e finalmente en 1997. Outros asentamentos castreños en Pazos de Reis, son O Castelo, en Frinxo, e o de Pedras Brancas.

No cima do monte Aloia salienta a formidable muralla ciclópea cun perímetro superior aos tres quilómetros. Existe un debate historiográfico sobre a orixe desta muralla, para uns seria o mítico Monte Medulio, para outros unha anterga cidade ou mesmo un primitivo asentamento de Tui.

Na zona de Monterreal estivo o pazo do rei visigodo Witiza que tivo aquí a súa corte no século VIII, en que Tui era unha importante cidade como testemuñan as acuñacións de moedas.

Dende os anos vinte do pasado século esta parroquia está constituida como Entidade Local Menor, sendo unha das poucas que ainda seguen existindo en Galicia.

Boa parte desta parroquia está vencellada eclesiásticamente á parroquia de Tui. No seu territorio están a Capela do Anxo, do século XVII, e onde figuran as armas do bispo Diego de Torquemada e a Capela das Dores, en Frinxo, edificada polo bispo tudense Telmo Maceira na métade do século XIX.

Nos límites desta parroquia está o monte Aloia, Parque Natural dende os anos trinta do século XX, e que salienta pola súa beleza e as amplas panorámicas sobre o val do Miño. Na cima do Aloia se celebran dúas romerias anuais: o 27 de Xaneiro a festa de San Xian e no primeiro domingo de xullo a romeria da Nosa Señoras das Angurias. Neste enclave existen numerosas lendas e monumentos naturais, como a chamada “Cama de san Xian”. Sobre este Monte Aloia pódese consultar o apartado específico adicado a este parque natural.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625