Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

PARAMOS
PARAMOS
Esta parroquia é tamén ribeireña do rio Miño e a súa primera referencia histórica é do ano 1156, logo en 1180 o rei Fernando II concedeulle este lugar a obispo de Tui a metade da igrexa e couto de Paramos. Testemuña da presenza do dominio señorial nesta zona está a lembranza da fortificación dos Puntillón.

Nesta parroquia houbo, no alto das Penizas -do que xa falamos en Guillarei- diversos enfrentamentos no decurso da Guerra da Independencia polos que os franceses tomaron represalias contra os veciños con actividades guerrilleiras.

Amáis da existencia de diversos cruceiros na parroquia salienta o interesante mausoleo da familia dos Alejos, hoxe no cemiterio parroquial logo do seu traslado dende o antigo camposanto da cidade de Tui.
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625