Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 3 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 4 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

GUILLAREI
GUILLAREI
É parroquia máis poboada de Tui, no seu término acháse un dos polígonos industriais tudenses. Xa na delimitación do couto tudense, no ano 1095, figuran diversos topónimos desta parroquia: Albelos e Sobredo, ainda que a primeira cita documental de Guillarei é do ano 1351 nun documento do mosteiro de Barrantes no que o bispo tudense don Gómez reconócelle certos dereitos neste lugar. No barrio da Torre houbo unha fortificación cuxos restos chegaron ao século XIX. No alto das Penizas houbo no decurso da Guerra da Independencias diversos combates e escaramuzas coas tropas francesas.

Un dos feitos máis coñecidos de Guillarei foron os chamados “mártires de Sobredo”, tres agraristas mortos pola Guarda Civil no decurso dunha concentración contra un embargo a un labrego o 28 de novembro de 1922. A repercusión deste suceso foi enorme de tal xeito que no 1932 foi erexido un monumento conmemorativo obra do escultor vigués Camilo Nogueira, que foi derrubado no inicio da Guerra Civil e reconstruido de novo no 1988, realizándose todos os anos un acto conmemorativo daquel suceso.

A actual igrexa é de época neoclásica, século XIX, reformando unha anterior do século XVIII. A sua festa principal son as da Virxe das Dores, á que se lle rende culto na Capela da Gándara, e que se celebran o terceiro domingo de setembro.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625