Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 3 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 4 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

CALDELAS
CALDELAS
A parroquia máis oriental do municipio tudense ten unha abondosa historia. Nas augas do río Miño nesta zona atopouse no ano 1976 un fermoso casco de bronce atribuido á cultura castreña, cunha cronología en torno ao século IV antes de Cristo (peza que podemos contemplar no Museo Diocesano da nosa cidade) no mesmo enclave foron extraidos do rio, en 1983, varios machados de bronce datables no século VIII ou IX a. C.

A primeira referencia documental de Caldelas é de 1301 cando Fernando de Castro doalle a obispo tudense, Juan Fernández de Soutomaior, o seu couto de Caldelas.

Na actual igrexa parroquial de San Martiño, construida no ano 1965, conservase a torre de espadana datada en 1766 e que formaba parte da antita igrexa de época barroca que reemplazara á primitiva igrexa, de seguro que románica, ubicada daquela preto da desembocadura do Caselas. Para algún historiadores o topónimo “Torre vella” fai referencia a unha antiga fortaleza defesinva enfrontrada coa torre portuguesa de Lapela.

Pero en Caldelas salienta a presenza das súas augas termais citadas xa no século XVII e que está na orixe do seu topónimo, dende aqueles tempos houbo baños termais e algún tipo de cabanas, logo barracas de madeira, para tomar as augas. O edificio do hotel-balneario será custeado en 1889 por Antonio Oliver Rubio, xeneral da época de Alfonso XIII e propietario dos baños. O esplendor deste balneario chega ata os anos da Guerra Civil e motivaba a existencia de numerosas fondas e hoteis para acoller aos auguistas. Agora de novo recupera boa parte da sua actividade e esplendor.

En Caldelas salienta a celebración da romeria da Virxe da Rocha, o último lúns do mes de agosto, que engaiola pola sua celebración á beira do rio Miño onde as familias cean ao aire libre.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625