Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 3 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 4 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

BALDRÁNS
BALDRÁNS
Esta parroquia que ás veces figura escrita como Valdráns emplázase nas ribeiras do rio Miño; no seu teritorio atopamos un moi interesante vestigio da presenza humana como son os gravados rupestres de As Carneiras, situados á beira do Miño, onde podemos contemplar diversos motivos: serpentiformes, círculos e coviñas.

Como elementos máis sobranceiros do seu patrimonio están a igrexa parroquial, remodelada nos séculos XVII e XVIII en pleno barroco, xunto ao pazo da Malladoura, que ten sufrido bastantes alteracións pero que non o privan do seu aspecto señorial. En Baldráns podemos atopar un rico patrimonio etnográfico integrado por cruceiros, muiños, pesqueiras, lavadoiros ou sifóns, ainda observables nos arcéns da estrada principal desta parroquia.

Na Guerra da Independencia os exercitos franceses ocuparon esta parroquia e queimaron dous altares da súa igrexa parroquial, o investigador Xulio Martínez Sigüenza recolle unha tradición oral que relaciona un topónimo “As Campas” co lugar onde estivo instalado un campamento das forzas napoleónicas.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625