Warning: Unknown: Unable to allocate memory for pool. in Unknown on line 0 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 3 Warning: include(): Unable to allocate memory for pool. in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/php/parroquias.php on line 4 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

AREAS
AREAS
Esta parroquia asentada na ribeira do Miño, fronte á vila portuguesa de Valença do Minho, aparece citada xa no ano 1112 cando a raiña dona Urraca dona este lugar á Igrexa tudense, ainda que anteriormente no 1095 cítase na documentación o lugar ou barrio de Anta, cuxo toponimo pode facer referencia á existencia de mámoas ou túmulos megalíticos.

O seu templo parroquial, ainda que reedificado no século XIX, ten unha maior antigüidade. Salienta tamén o pazo de Bouzabalada, que conta cunha ermida adicada á Nosa Señora das Maravillas, e foi reconstruido segundo conta na súa entrada nunha inscripción no ano 1790.

Nesta parroquia, á beira da estrada á Hospital - Taborda, atópase o chamado “Viveiro Forestal” fundado no ano 1906 polo enxeñeiro de montes tudense Rafael Areses . Conta cun amplo patrimonio botánico con numerosas especies arboreas.

Na actualidade, na parroquia de Areas na zona de San Martiño e Gaios, asentanse unha área comercial e o Parque empresarial respectivamente.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625