Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Mañá mércores ás 19h terá lugar o acendido da iluminación de Nadal
Data: 05-12-2017- 17:57 h.
362 veces
NOVA

Hoxe mesmo comeza a animación musical nas rúas da man das asociacións culturais tudenses

Mañá mércores, 6 de decembro, ás 19h na praza da Inmaculada terá lugar o acendido do alumeado de Nadal en Tui. O evento contará coa actuación da Coral San Telmo e do grupo de acordeóns da asociación cultural Xuntanza de Randufe.

Este acto marca o inicio da programación na cidade que contará con animación musical nas rúas durante as próximas semanas a cargo das distintas asociacións culturais do municipio. A primeira nota musical chega esta mesma tarde, a partir das 20h da man do grupo de gaitas Inquedanzas da Asociación Aloia de Pazos de Reis. Mañá martes, amais das actuación previstas no acto de acendido da iluminación de Nadal, ás 13h actuarán polas rúas tudenses o grupo de pandereteiras As D’abadía da Asociación Cultural A Insua de Caldelas. Xa o xoves 7 ás 20h poderase disfrutar do son do grupo de gaitas “O Mosteiro” da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

Este venres 8 , sábado 9 e domingo 10, coincidindo coa Mercado de Nadal organizado por ACITUI no Paseo da Corredoira actuarán os grupos folclóricos Xuntanza de Randufe e Refaixos e Polainas de Baldráns  o venres ás 13h e ás 20h respectivamente. O sábado será a quenda do grupo de gaitas Seixos Albos de Areas, e das Banda de Gaitas San Xoán de Paramos e Lembranzas da Terra de Guillarei ás 12h, ás 13h e ás 19.30h respectivamente.  Mentres o domingo actuarán o grupo de gaitas e baile O Mosteiro de Pexegueiro, o grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro, e a Banda de Gaitas Arume de Malvas as 12, 13h e 19.30h respectivamente.

A animación de rúa proseguirá o sábado 16 e domingo 17 co gallo do Mercado de Nadal organizado pola Asociación de Artesáns de Tui na praza de San Fernando. O sábado ás 18h actuará o grupo de pandereteiras As D’Abadía de Caldelas e ás 20h o grupo de gaitas Xuntanza de Randufe, e o domingo ás 12h a banda de gaitas San Xoán de Paramos.

Os cantareiros Cantos Somos e o grupo de música de baile San Fins, ambos da Asociaicón Cultural San Fins percorrerán as rúas de Tui o venres ás 19h e o sábado ás 18h respectivamente. Mentres que o grupo de baile Inquedanzas de Pazos de Reis actuará o sábado 23 ás 20h.

Dentro da programación festiva destaca o Concerto de Nadal que se vai celebrar o venres 22 ás 21h no Teatro Municipal de Tui a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui e da Coral de alumnos da Academia de Música da Fortaleza de Valença.

Xa en xaneiro celebrarase un ano máis a Cabalgata Internacional de Reis que o venres día 5 realizará un percorrido internacional que partirá ás 16h dende a avenida dos Bombeiros de Valença, e tras cruzar a vella Ponte Internacional, rematará preto das 19h no paseo da Corredoira en Tui. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625