Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Inscrición para novas prazas nas EEDD de patinaxe da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui
Data: 04-12-2017- 13:00 h.
337 veces
NOVA

As escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra no Concello de Tui, que se desenvolven no pavillón do CEIP de Rebordáns, dispoñen de prazas nos diferentes grupos establecidos, debido ás baixas producidas dende o seu inicio no mes de outubro.

Por isto, o Concello de Tui abrirá o proceso de inscrición dende o luns 11 ata o venres 15 de decembro, no horario de 09.00 a 14.00 horas, para presentar as inscricións por rexistro de entrada da secretaría do Concello de Tui.

As prazas se adxudicarán por orden de presentación, tendo dispoñibles as seguintes:

o       Grupo 1 – 16.00 a 17.00 horas – SEN PRAZAS DISPOÑIBLES.

o       Grupo 2 – 17.00 a 18.00 horas – OITO PRAZAS DISPOÑIBLES DE IDADES ENTRE OS 7 E OS 9 ANOS DE NIVEL DE INICIACIÓN.

o       Grupo 3 – 18.00 a 19.00 horas – TRES PRAZAS DISPOÑIBLES DE NIVEL MEDIO.

o       Grupo 4 – 19.00 a 20.00 horas -  SEN PRAZAS DISPOÑIBLES.

o       Grupo 5 – 20.00 a 21.00 horas – SETE PRAZAS DISPOÑIBLES DE NIVEL MEDIO ALTO.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625