Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O patrimonio e a historia centran as once visitas guiadas previstas no mes de decembro
Data: 01-12-2017- 18:28 h.
213 veces
NOVA

Pecharanse o día 16 co percorrido “A arte e o Nadal en Tui”.

Once visitas xerais sobre historia e patrimonio e outras máis temáticas centran o programa de visitas culturais gratuítas que organiza o Concello de Tui para o mes de decembro.

A primeira visita será hoxe mesmo, 1 de decembro, ás 19.15h, dende a Praza da Inmaculada co título a “Cidade Histórica”. Na mesma abordarase a evolución da cidade ao longo de 800 anos dende o urbanismo medieval, que marca o aspecto actual da cidade.

Tanto mañá sábado coma o domingo as visitas centraranse na época medieval. Mañá  percorrido  “As murallas medievais” realizarase un paseo  murallas fernandinas do século XII, no que os asistentes poderán ver tanto o perímetro amurallado coma outros elementos configuradores da personalidade da cidade en moitos dos tramos. Xa o domingo a visita “Cidade medieval” permitirá recoñecer o trazado medieval que perdura dende o século XII até a actualidade con moitas das vivendas e edificios que marcan ese período histórico.

A próxima cita será o martes 5 na que “As rúas gremiais” serán as protagonistas cun paseo pola   rúas Cuenca, Entrefornos, San Telmo… que na Idade Media e até o século XIX mantiñan no seu nome as profesións dos distintos gremios.

O mércores 6 “O criptoxudaísmo en Tui” será o título da visita a realizar na que se poderá coñecer a presenza das familias xudeu conversas na cidade a partir do século XVII, a través das marcas de cruces e outros elementos que perduran en moitas vivendas.  A “Arquitectura carceraria na cidade histórica”, a “Comuna xudía medieval”, “As prazas públicas da cidade histórica” e a “ Cidade medieval” será  obxectivo das visitas previstas para xoves, venres, sábado e domingo.

O programa de visitas guiadas que comezou o pasado mes de xuño concluirá o día 16 co percorrido “A arte e o Nadal en Tui” cun paseo que nos achegará a distintos elementos do patrimonio tudense vinculado as festas de Nadal.  Todas as visitas sairán ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada e serán guiadas polo historiador tudense Suso Vila.

Programa previsto:

*Saída ás 19.15h dende a Praza da Inmaculada

Venres 1 – Cidade histórica

Sábado 2 – As murallas medievais

Domingo 3 – Cidade medieval

Martes 5 – As rúas gremiais da cidade

Mércores 6 – O criptoxudaísmo en Tui

Xoves 7 – Arquitectura carceraria na cidade histórica

Venres 8 – Comuna xudía medieval

Sábado 9 – As prazas públicas da cidade histórica

Domingo 10 – Cidade medieval

Venres 15 – Cidade histórica

Sábado 16 – A arte e o Nadal en Tui 

 


  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625