Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O goberno municipal leva mañá xoves a pleno a derogación do imposto de plusvalía
Data: 29-11-2017- 14:10 h.
191 veces
NOVA

Consideran que se trata dun imposto inxusto que representa unha barreira no fluxo económico

O goberno municipal, presidido por Carlos Vázquez Padín, leva mañá xoves ao pleno ordinario a derogación do coñecido coma imposto de plusvalía.  En concreto no punto segundo figura a Derogación da ordenanza fiscal do Imposto sobre o Incremento de valor dos Terreos de Natureza Urbana do Concello de Tui.  Carlos Vázquez Padín explica que plantexan esta supresión ao considerar que se trata dun imposto inxusto que afecta ao longo do seu “percurso vital aos cidadáns cando pasan a ser propietarios dun terreo ben por herdanza ou por adquisición”.  Sinala que aínda que non se trata dun imposto que se deba aboar anualmente, senón no caso puntual dunha herdanza ou dunha compra, si a súa contía é importante, pondo coma exemplo o rexedor que os 100 mil euros que o concello recadaba por esta vía,  facíase por unha media de 200 liquidacións anuais cun importe medio de 500 euros. Un imposto que explicaba é tamén inxusto porque se debe satisfacer tanto no caso de que se produza unha valoración ou desvalorización do terreo, aludindo Vázquez Padín nese senso á recente sentenza do Tribunal Supremo que sinala que se deben devolver as cantidades cobradas aos contribuíntes cando se produce unha desvalorización do ben. En moitos casos engadiu a plusvalía actuaba coma un segundo imposto de sucesións.

Coa proposta da súa derogación buscan, segundo o rexedor tudense, que este imposto deixe de ser unha barreira máis no fluxo comercial de compra venda de propiedades.

Anuncia amais Carlos Vázquez Padín que esta á e primeira medida dun ambicioso paquete de rebaixas fiscais do actual goberno que no futuro incluirá rebaixas do IBI, IAE e ICIO. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625