Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Tui vístese de negro do 23 ao 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia machista
Data: 21-11-2017- 18:53 h.
1009 veces
NOVA

Tui vestirase de negro do 23 o 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia de xénero. Desde xeito a cidade súmase á campaña En Negro posta en marcha en 2015 e na que este ano participan a nivel galego 75 concellos e tres deputacións provinciais, así coma máis de 3 mil establecementos, entidades e asociacións.

Tui en negro propón vestir de loito a cidade, en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia, e como resposta a máis dura das súas consecuencias, a morte. Por iso dende o Concello convidouse a participar nesta campaña aos centros educativos, aos establecementos comerciais, ás asociacións...  transmitindo así unha mensaxe conxunta de denuncia e solidariedade. 

Convídase así aos centros escolares a vestir de negro, así coma aos comercios, empresas, bares, restaurantes, postos de mercado ... a través dos manteis, dos manequíns,....e co material que dende o Concello se remitirá sobre esta campaña. Os interesados en participar teñen ata mañá mércores, 22 de novembro, para pórse en contacto cos Servizos Sociais no 986 60 36 25 ext 54 en horario de 9 a 14h para comunicar a súa adhesión á campaña.

De forma previa, e considerando que a educación é un dos ámbitos fundamentais nos que hai que traballar para previr a violencia de xénero, o Servizo de Prevención está realizar unha serie de obradoiros nos que se traballa a prevención da violencia de xénero. Teñen lugar durante este mes de novembro e o de decembro, e nos mesmos participan o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES San Paio, do IES Indalecio Pérez Tizón, e do Colexio Maristas.

Mañá mércores, 22 de novembro, ás 18.30h o salón de actos da aula da UNED, no antigo convento de San Domingos,  acollerá a proxección da curtametraxe "La mujer invisible" ao que seguirá un debate co obxectivo de dar a coñecer a realidade da situación das mulleres que se ven na obriga/coacción de exercer a prostitución e tamén de que se visualice o traballo da asociación Médicos del Mundo.    

O día central dos actos previstos será este venres, 24 de novembro, cando está prevista a lectura do manifesto ás 12.30h na praza do Concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín.

Dende hoxe mesmo a casa do concello e outros edificios públicos coma a Área Panorámica  amosan na súas fachadas  a imaxe desta campaña. Tamén dende hoxe as redes sociais do Concello, Facebook e Twitter, mudaron a súa portada e perfil para tinguirse tamén de negro, e recollerán do 23 ao 26 cada día unha mensaxe de loita contra a violencia.  A páxina Web municipal será outro dos soportes desta campaña. A Radio Municipal de Tui emitirá do 23 ao 26 deste mes distintas mensaxes contra a violencia de xénero.  

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625