Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Prazas vacantes nos cursos de Montaxe de mobles e Operacións de fontaneiría
Data: 21-11-2017- 11:36 h.
710 veces
NOVA

O Concello de Tui informa que existen prazas vacantes en dous dos cursos de formación que van comezar a próxima semana.

Por unha banda hai tres prazas vacantes no curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería, para o que é preciso ter o título da ESO, similar, ou superior. Este curso celebrarase do 28 de novembro ao 10 de maio de 2018 de luns a venres de 9 a 14h.

Por outra parte quedan 9 prazas vacantes no curso Operacións de fontanería, calefacción e climatización doméstica, para o que non hai requisitos de acceso. Celebrarase de luns a venres de 9 a 14h do 28 de novembro de 2017 ao 16 de maio de 2018.

As persoas interesadas en realizar algún destes dous cursos deben acudir ao Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, en Alvelos, Guillarei, chamando previamente ao móbil 670 24 56 33, levando o DNI e a titulación esixida no seu caso.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625