Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A Arquitectura Educativa e a Cidade Histórica centran as visitas culturais guiadas desta fin de semana
Data: 17-11-2017- 14:53 h.
231 veces
NOVA

Dobre proposta é a que hai esta fin de semana dentro da programación das Visitas Culturais gratuítas, que organiza o Concello de Tui até finais de ano, guiadas polo historiador tudense Suso Vila.

A primeira cita será mañá sábado, ás 19.15h, con saída dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido aproximado de 60 minutos pola “Arquitectura educativa en Tui”.  Os asistentes a esta visita poderán coñecer o patrimonio educativo tudense vinculado aos edificios que se construíron con uso educativo durante o século XIX coma a Escola de Nenas e o Colexio de Primeiras Letras, ambos na rúa Sanz, o edificio dos Estudos de Gramática que actualmente ocupa o albergue de peregrinos, ou o Seminario Menor.  O percorrido irá, tamén, por outras rúas con inmobles que aínda que foron construídos con outra finalidade tiveron igualmente uso escolar.

Mentres o domingo, tamén ás 19.15h, dende a praza da Inmaculada, partirá a visita “A cidade histórica” cuxo obxectivo é rememorar a evolución da cidade ao longo de máis de 800 anos. O roteiro previsto permitirá redescubrir o perímetro amurallado da cidade, e os edificios relixiosos, civís e residenciais de intramuros que foron marcando a traxectoria da cidade ao longo do tempo.  No paseo poderá verse coma a Cidade Histórica é froito dun longo proceso ao longo dos anos que ten deixado unha gran riqueza arquitectónica e patrimonial.

 

Visitas Culturais

Sábado, 18 de novembro, ás 19.15h “Arquitectura educativa en Tui”.

Domingo, 19 de novembro, ás 19.15h “A Cidade histórica

Punto de saída: praza da Inmaculada

Duración: 60 minutos aproximadamente

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625