Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O día 15 de novembro alumnado de 6º e 5º de primaria, participarán no programa “O Cine nas Aulas”
Data: 15-11-2017- 15:14 h.
56 veces
NOVA

O día 15 de novembro alumnado de 6º e 5º de primaria, participarán no programa “O Cine nas Aulas” , neste programa participan un total de 328 alumnos/as dos CEIP Nº2, CEP de Caldelas, Ceip de Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP de Randufe e Colexio Marista Sta María. Os Centros que o soliciten poderán ver a película na sala teatro da Area Panorámica, alí recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas os alumnos/as. Estas unidades foron elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello. A película ten importantes referencias cara á amizade e a convivencia, mostrando como as mesmas serven para axudar de xeito positivo e realista a tratar as dificultades que os protagonistas atópanse na vida cotiá. A película mostra tamén coma os seus personaxes logran superar as dificultades: na historia todos os protagonistas teñen unha profunda tristeza pola soidade, abandono ou morte dalgún ser querido, pero coa chegada de Winn-Dixie todos acaban aprendendo a superar todo iso. A obra resalta a importancia da amizade, a mesma, é a clave fundamental da historia. Para rematar, tamén se destaca a importancia do coidado dos animais xa que na historia descóbrese que un animal aumenta o autoestima do cuidador e axúdalle a superar os problemas emocionais que poida ter. A metodoloxía do curso é que o profesorado traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilitará, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, xa que consideramos que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar todo iso e que nos pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625