Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Teatro para bebés este venres, en dobre función, no Teatro Municipal de Tui
Data: 07-11-2017- 14:01 h.
343 veces
NOVA

Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle dobre función de “Redondo” unha obra de teatro para bebés que chega da man de  Caramuxo Teatro. A cita será ás 17.30h e ás 19h estando limitado o aforamento a 100 espectadores por función, xa que sentarán no propio escenario. A obra está recomendada para nenos de 6 meses a 3 anos.

Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia durante 30 minutos. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos. Juan Rodríguez da vida a esta obra de teatro para bebés que dirixe Laura Sarasola.

Dende 2003 a compañía de teatro infantil e familiar Caramuxo Teatro crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, contando cunha liña específica na creación de espectáculos para bebés. Dende os inicios mestura diferentes técnicas, teatro de actor, monicreques, danza..  A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural ademais do artístico, que consigan a fidelización do público.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres media hora antes do inicio de cada función aos prezos de 3,5€ e 2,5€ no despacho de billetes.

Caramuxo Teatro con “Redondo”

 

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 10 de novembro, ás 17.30h e ás 19h co aforamento limitado a 100 espectadores por funcións.
  • Entradas: á venda, ao prezo de 3,5€ - 2,5€., ata mañá venres ás 12h en www.culturatui.info ou o venres dende media hora antes da función no despacho de billetes.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625