Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Case 400 alumnos de secundaria asisten mañá á proxección de Sicixia no Teatro Municipal
Data: 07-11-2017- 13:45 h.
293 veces
NOVA

Un total de 384 alumnos de ESO e Bacharelato do IES San Paio, do IES Indalecio Pérez Tizón e do CPR Santa María Maristas asistirán mañá mércores, 8 de novembro, ás 11h no Teatro Municipal de Tui á proxección de “Sicixia” de Ignacio Vilar.  Trátase dunha actividade gratuíta organizada pola concellería de Cultura de Tui co obxectivo de achegar o cinema aos escolares.

En concreto participarán 220 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES San Paio, 114 alumnos de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Indalecio Pérez Tizón e 50 alumnos de 3º e 4º da ESO do CPR Santa María Maristas.

Ignacio Vilar achéganos en “Sicixia” á Costa da Morte retratando o seu inigualable patrimonio mesturando ficción e realidade.  A película está interpretada por Monti Castiñeiras, Marta Lado, Arantza Villar, Melania Cruz, Artur Trillo, Dani Trillo e Tamara Canosa. Ao longo de 98 minutos presenta o encontro entre Xiao, enxeñeiro de son que ten gravar os sons da xente e da natureza deste recuncho de Galicia, e Olalla, guía local. Ese encontro provoca que as súas vidas escapen ao seu control e pasan a ser rexidas por unha lei superior. 

 

Estreada en novembro de 2016 a película estivo xa presente en distintos festivais logrando distintos recoñecementos como o de Mellor Filme Estranxeiro no WorldFest Houston  ou o premio á Mellor Interpretación Feminina para a actriz Marta Lado no Festival Cinespaña de Toulouse. O pasado 12 de maio proxectouse xa no Teatro Municipal para o público en xeral. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625