Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Pista Catro celebra o seu décimo aniversario mañá sábado en Tui
Data: 03-11-2017- 14:51 h.
198 veces
NOVA

Ás 19h presenta no Teatro Municipal o seu espectáculo “Outono”

O público familiar é o destinatario do espectáculo  “Outono” que a compañía de novo circo galego Pista Catro presenta mañá sábado no Teatro Municipal de Tui ás 19h. Co mesmo están a celebrar os seus dez anos en escena. Para iso reuniron a parte dos seus fundadores, cunha homenaxe aos pallasos clásicos. A proposta desenvólvese na carpa dun circo e reflexiona sobre o paso do tempo.

Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro "Pajarito" e Pablo Reboleiro, baixo a dirección de Antón Coucheiro, conforman o elenco deste espectáculo de teatro-circo con música en directo. No mesmo contan a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

Pistacatro Productora de Soños leva a cabo dende 2006 a creación, produción e distribución espectáculos de Novo Circo e Cabaré, estando formada por actores de teatro, músicos, malabaristas, acróbatas e clowns,

As entradas están á venda en www.culturatui.info até mañá sábado ás 12h ou o sábado dende as 17.30h no despacho de billetes aos prezo de 4€ e 3€

Pista Catro con “Outono”

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Sábado, 4 de novembro, ás 19h

Entradas: á venda, ao prezo de 4€ - 3€, ata mañá sábado ás 12h en www.culturatui.info ou mañá sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625