Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A Eurocidade Tui-Valença acolle a reunión da Federación de Academias de Gastronomía de los Caminos de Santiago
Data: 27-10-2017- 14:02 h.
158 veces
NOVA

A Eurocidade Tui-Valença acolle esta fin de semana unha reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago. A primeira cita do programa previsto terá lugar ás 16h no Parador Nacional de Turismo San Telmo de Tui cunha reunión para admitir coma membro da Federación á Academia de Gastronomía Portuguesa do Camiño de Santiago. Con esta incorporación pasan a ser unha federación de carácter internacional, tendo amais solicitudes de academias francesas e italianas. Posteriormente os asistentes visitarán a Quinta do Amarán en Portugal e de regreso a Tui realizarán unha visita guiada ao conxunto histórico.

Mañá ás 9.30h no Parador manterán unha nova reunión de traballo á que asistirán o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Turismo, Andrés Urseira, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela.

Posteriormente desprazaranse até O Rosal para realizar unha visita á adega Terras Gauda. A xornada concluirá cunha visita á Fortaleza de Valença.

Dende a súa creación en 2012 a Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago, ten por obxectivo promocionar a gastronomía e os produtos dos lugares por onte transcorre o Camiño de Santiago. Traballa amais na investigación da cultura gastronómica vinculada á ruta xacobea. A Federación está formada polas academias gastronómicas por onde pasa algúns dos Camiños de Santiago, en concreto de Galicia, Castela e León, Asturias, Extremadura, País Vasco, Rioxa, Navarra e Cantabria.

A celebración en Tui desta reunión da Federación de Academias de Gastronomía dos Camiños de Santiago pon de relevo nunha nova ocasión a importancia que o Camiño de Santiago ten para o municipio en moi diversos ámbitos dende o turístico, cultural, social, económico e tamén gastronómico. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625