Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A Policía Local de Tui recibe unha nova motocicleta con cargo ao Plan Concellos 2017
Data: 16-10-2017- 15:32 h.
2002 veces
NOVA

Esta mañá a Policía Local de Tui recibiu unha nova motocicleta nas súas oficinas na praza da Inmaculada. Trátase dun novo vehículo financiado con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

Na recepción estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Persoal e Seguridade, José Ramón Magán, xunto ao xefe da Policía Local, José Ramírez e un representante de Ángel Leirós Motos, o concesionario de Yamaha para a provincia de Pontevedra no que foi adquirido o novo vehículo.

Trátase dunha Yamaha Tracer 700 e a elección fíxose pensando en dar servizo a todas as áreas do municipio e tendo en conta a variedade de terreos que se poden atopar os axentes á hora de patrullar.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625