Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O goberno municipal de Tui deixa obras adxudicadas ou en fase de licitación por importe superior aos 350 mil euros
Data: 11-10-2017- 14:09 h.
1645 veces
NOVA

O goberno municipal de Tui ten arestora obras adxudicadas ou en fase de licitación por un importe superior aos 350 mil euros. Así nuns días comezarán as obras de rehabilitación do Palco da Música no Paseo da Corredoira, logo de que na última Xunta de Goberno Local se adxudicase definitivamente a obra por importe de 61.195,75 euros. Esta actuación forma parte do conxunto de proxectos que o actual goberno financia con fondos da Deputación, dentro de Plan de Investimentos do ano 2016.

Por outra parte en breve comezará a instalarse a nova sinalización no casco urbano, proxecto que, cun importe de 54.956,49 euros, mellorará notablemente a sinalización dos diversos servicios e edificios administrativos, así coma os lugares de interese patrimonial e medioambiental da cidade.

Esta sinalización no casco urbano complementarase coa sinalización de todas as parroquias e lugares de interese turístico, proxecto que está na fase de licitación e que conta cun investimento de 105.547,24 euros a cargo da Deputación Provincial.

Dentro das actuacións no rural, ao abeiro do Plan Marco, aprobouse a obra de asfaltado do vial entre o Monte das Penizas en Paramos e a parroquia de Guillarei, cun investimento de 50.203 euros.

Amais outra das obras que comezará nestes días será o cambio da iluminación convencional a led no polígono de Areas, cun investimento de 70.105,62 euros. Este proxecto forma parte das actuacións de aforro enerxético, ao tempo que supón unha mellora e adecuación dos parques empresariais de Tui.

Finalmente salientar que dentro dos subministros financiados con fondos da Deputación no Plan Concellos 2017, está a adquisición dunha nova moto para a policía local de Tui, por un importe de 11.495 euros, adquisición que se ía a complementar coa renovación paulatina da flota de vehículos e medios materiais dos que dispón a Policía Local, en aras de garantir un mellor servizo aos cidadáns.

Polo que respecta ao conxunto de proxectos financiados pola Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan Concello de 2017 atópanse en fase de licitación e xestión das autorizacións sectoriais pertinentes.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625