Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Un percorrido nocturno polo barrio xudeu na fin de semana é a proposta para o mes de outubro nas visitas guiadas gratuítas
Data: 04-10-2017- 14:33 h.
808 veces
NOVA

Amais haberá percorridos temáticos os días 11, 12, 30 e 31 ás 20.15 h

As visitas guiadas gratuítas á cidade de Tui cambian o seu horario durante o mes de outubro e tamén a súa periodicidade. Pasan a realizarse os venres, sábados e domingos ás 20.15h cun percorrido aproximado dunha hora polo barrio xudeu. Con estas visitas nocturnas búscase ofrecer outra imaxe da cidade apreciando aspectos que as veces pasan desapercibidos á luz do día. Nestes percorridos darase a coñecer o amplo patrimonio que ten Tui ligado á presenza da comunidade xudía na cidade con visitas ao lugar onde se emprazaba a sinagoga na rúa Ordóñez, e á carnicería na rúa Entrefornos, entre outros.

Durante este mes de outubro programáronse amais catro visitas temáticas concretas a realizar os días 11, 12, 30 e 31 deste mes, saíndo todas ás 20.15h dende a praza da Inmaculada. Así o mércores 11 proponse un percorrido nocturno polo Burgo Premedieval, e o xoves 12 – festivo – pola cidade medieval. Mentres no remate do mes o luns 30 visitaranse os Sambenitos Inquisitoriais, pezas únicas en Europa que se custodian no Museo Diocesano, e o martes 31 farase un percorrido polos cárceres e outros lugares vinculados á presenza da Inquisición en Tui.

Cómpre lembrar que as visitas guiadas foron postas en marcha novamente este verán pola Concellería de Turismo do Concello de Tui co  obxectivo de achegar o patrimonio e a historia tudense tanto aos propios veciños coma aos visitantes. O historiador Suso Vila é o encargado de guiar estes percorrido. Durante os meses estivais as visitas realizáronse con dúas proposta diarias de luns a venres e un percorrido vespertino nas fins de semana e festivos participando nas mesmas máis de 2.600 persoas. No outono e inverno apostase por visitas temáticas que comezan en outubro e continuarán no mes de novembro e decembro con outras propostas que se darán a coñecer proximamente.

Visita culturais gratuítas mes de outubro

Punto de Partida: Praza da Inmaculada

Horario:

·        Venres, sábados e domingos ás 20.15h percorrido nocturno polo Barrio Xudeu

Visitas nocturnas especiais

·        Mércores 11 de outubro ás 20.15 h Visita Burgo Premedieval

·        Xoves 12 de outubro ás 20.15 h Visita Cidade Medieval

·        Luns 30 de outubro ás 20.15 h Visita Sambenitos Inquisitoriais

·        Martes 31 de outubro ás 20.15 h Visita Cárceres e Inquisición en Tui 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625