Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A corporación municipal de Tui celebra pleno este xoves 28 de setembro
Data: 27-09-2017- 13:45 h.
436 veces
NOVA

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 28 de setembro, ás 20h pleno de carácter ordinario con 16 puntos a orde do día. Estes son os asuntos a tratar:

A)     Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº7, de 27 de xullo.

2º.- Toma de posesión de Dona María Jesús Da Silva Fernández á vista da Credencial remitida pola Xunta Electoral Central.

3º.- Expediente 2236/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de designación festivos locais 2018.

4º.- Expediente 928/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais de designación vogal mesa contratación contrato limpeza viaria.

5º.- Expediente 2233/2017. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de adhesión ao convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

6º.- Aprobación da Conta Xeral do Exercicio 2016 así como os Estados e Contas anuais anexos á mesma.

7º.- Mocións de Urxencia.

B).- Actividade de control:

8º.- Disposicións de interese.

9º.- Dación de conta das resolucións dende a nº 2017-0907 de 21/07/2017 ata o nº 2017-1203 de 22/09/2017.

10º.- Dación de conta da modificación da composición das Comisións Informativas, de acordo cos escritos presentados polos voceiros de grupos políticos municipais Partido Popular (RE nº 1891 de 28/08/2017) e Ciudadanos Tudenses (RE nº 7918 de 29/08/2017).

11º.- Dación de conta dos escritos de incorporación da concelleira Yovana Velánzquez Torres ao grupo municipal do Partido Popular (RE 7892 de 28/08/2017) e o concelleiro Andrés Urseira González ao grupo municipal Ciudadanos Tudenses (RE 7917 de 29/08/2017).

12º.- Dación de conta de Resolución de Alcaldía do 18/08/2017 pola que se aproba as liñas fundamentais do Orzamento Xeral deste concello para o exercicio 2018.

13º.- Dación de conta de informe execución trimestral das entidades locais, segundo trimestre exercicio 2017, de conformidade coa Lei Orgánica 2/2012.

14º.- Dación de conta de informe de morosidade, segundo trimestre exercicio 2017, de conformidade coa Lei 15/2010 así como periodo medio de pago global a proveedores, segundo trimestre exercicio 2017, de conformidade co Real Decreto 635/2014.

15º.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía de levantamento de reparos interpostos pola Intervención municipal, durante o exercicio 2016, para dar cumprimento ao establecido no artigo 218 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

C).- Rogos e preguntas:

16º.- Rogos e preguntas.

Ver convocatoria

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625