Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Preto dun centenar de persoas percorrerán este sábado o Camiño Portugués entre Caminha e Tui
Data: 13-09-2017- 15:02 h.
668 veces
NOVA

Reivindicar a importancia do Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui é o obxectivo da andaina organizada para este sábado por Iacobus Tui en colaboración co Concello de Tui.  Preto dun centenar de persoas realizarán en dous grupos este percorrido histórico, un grupo completando os 34 quilómetros que separan Caminha e Tui e o outro grupo os 17 quilómetros entre Vila Nova de Cerveira e Valença.

Así o explicaron esta mañá na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto á presidenta de Iacobus Tui, Victoria Álvarez, o concelleiro de Medio Ambiente e presidente de AndaTui José Martínez Tato, xunto aos edís da Eurocidade, Miguel Capón, e de Turismo, Laureano Alonso.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a Iacobus Tui por esta acertada iniciativa que promociona o Camiño Portugués pola Costa ata Tui. Ao tempo reiterou a aposta do Concello polo Camiño Portugués, que consideran estratéxico para o municipio, existindo unha serie de retos que afrontar de cara ao futuro.

Victoria Álvarez, presidenta de Iacobus Tui, sinalou na súa intervención que facer o camiño é unha experiencia digna que crea un espazo de convivencia entre as persoas, engadindo que o paso do Camiño por Tui ten unha importancia primordial no desenvolvemento e historia do municipio. Por este motivo é polo que con esta andaina queren reivindicar este camiño e o mellor xeito de facelo é camiñando por el, dicía.  

José Martínez Tato do club AndaTui explicou o percorrido a realizar que permitirá aos participantes camiñar por lugares que habitualmente non se pasa. O primeiro grupo sairá ás 6.45h dende o aparcamento de autobuses a carón da praza de Abastos de Tui para comezar a camiñar ás 7.30h en Caminha e afrontar os 34 quilómetros de percorrido ata Tui, onde está previsto que cheguen sobre ás 13.30h. O segundo grupo partirá 8.30h no tren dende Valença ata Vila Nova de Cerveira onde ás 9h serán recibidos na Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e iniciarán os 17 quilómetros do Camiño Portugués ata Valença.

A inscrición, gratuíta, está aberta ata mañá xoves ás 23.59h no 650 009 233, no correo electrónico iacobustui@gmail.com ou cumplimentando o impreso  dispoñible no Facebook de Iacobus. Ata esta mañá contaba xa con 86 persoas anotadas.

Os participantes contarán con tres avituallamentos ao longo do percorrido, e os 100 primeiros inscritos, serán agasallados cunha camiseta conmemorativa. Tamén haberá tres coches de apoio. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625