Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Mañá preséntase o Roteiro Literario que este sábado se vai celebrar en Tui
Data: 11-09-2017- 14:42 h.
325 veces
NOVA

Mañá martes, 12 de setembro, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación dos Roteiros Literarios, unha iniciativa do Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da AELG, Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, que este sábado se vai celebrar Tui.

 

Darán a coñecer os pormenores desta actividade o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, xunto ao deputado de Cultura de Lingua, Xosé Leal, e  da escritora Marta Dacosta en representación da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625