Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

A Xunta Local de Goberno aprobou onte provisionalmente o Plan Especial do Protección do Conxunto Histórico
Data: 14-07-2017- 18:26 h.
1183 veces
NOVA

A Xunta Local de Goberno do Concello de Tui aprobou onte provisionalmente o Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Tui, PEPCHA.  

Nos últimos meses o equipo redactor incorporou as correccións sinaladas pola Dirección Xeral de Patrimonio no informe favorable que emitiu no mes de abril. Daquela dende Patrimonio se sinalaban correccións de carácter aclaratorio ou introdutorio.  Cos informes favorables do técnicos municipais e tras a aprobación provisional en Xunta Local de Goberno o texto será remitido agora á Dirección Xeral de Urbanismo que debería emitir o seu informe nun prazo de dous meses.

A concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, que se marcou dende o inicio a aprobación do PEPCHA coma prioridade, indica que a aprobación definitiva deste Plan suporá un punto de inflexión de cara ao desenvolvemento da cidade histórica, non só na actividade de licencias senón tamén no acceso ás axudas de rehabilitación e na regulación de usos.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, sinalou pola súa banda que en breve prazo agardan que o PEPCHA poida ser aprobado de forma definitiva en pleno, o que marcará a súa entrada en vigor, tras décadas dende o inicio da súa tramitación. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625