Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Concello de Tui convoca os procesos para cubrir dúas prazas con carácter temporal
Data: 23-06-2017- 13:21 h.
1165 veces
NOVA

O Concello de Tui vén de publicar a convocatoria e as bases de selección  dos procesos para a contratación laboral temporal, a tempo completo, dun técnico medio para a realización de tarefas de información turística na Oficina de Turismo de Tui , e dun encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas.  A convocatoria vén hoxe recollida no BOP, e foi publicada tanto na web municipal www.concellotui.org , así coma no taboleiro de anuncios da sede electrónica e taboleiro da casa do concello.

No caso da praza de encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas o contratado terá unha duración de 12 meses. Para acceder á convocatoria os aspirantes  deben estar en posesión do título do ciclo formativo de grao superior, FP II ou equivalente, na rama de informática, admitíndose tamén aos que posúan titulación media ou superior na rama informática.

Mentres para o técnico para  a  realización de  tarefas  de información, animación e promoción  turística  na  oficina  de Turismo do  Concello de  Tui,  a contratación será por un  período de  3 meses, con data máxima de finalización o 15 setembro de 2017. Para acceder a esta convocatoria é preciso estar en posesión do título de  Diplomado en Turismo, Graduado en Turismo ou  titulación equivalente.

A información completa coas bases e os modelos de solicitude poden consultar na web www.concellotui.org. Os interesados nestas prazas teñen ata o 4 de xullo para presentar as súas solicitudes no concello. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625