Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Entrega de prémios do II Concurso de Debuxo Infantil sobre o Ciclo da Auga convocado polo Consorcio do Louro
Data: 19-06-2017- 21:15 h.
253 veces
NOVA

Mañá martes, 20 de xuño, ás 10.30h na Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei terá lugar a entrega de prémios do II Concurso de Debuxo Infantil sobre o Ciclo da Auga convocado polo Consorcio do Louro.

O Consorcio de Augas do Louro, na súa aposta por potenciar a creatividade dos máis cativos e intensificar a súa función didáctica, ten invitado novamente ós rapaces de 3º e 4º de Primaria dos centros educativos de Tui, Mos, O Porriño, e Salceda de Caselas a participar e aprender dunha maneira divertida sobre o ciclo urbano da auga a través dunha actividade divertida. Este ano a temática foi a depuración de augas residuais e, para informar aos nenos das etapas que conforman este proceso, elaborouse un cómic titulado “Misión Depuración”.

 A través dos seus debuxos, o nenos puideron plasmar os coñecementos adquiridos sobre a depuración de augas residuais no entorno dun conto, de tal xeito que se ten potenciado a súa motivación, diversión e familiaridade co tema tratado.

Por cada Concello entregarse un primeiro premio consistente nunha tablet de 7 polgadas, e un segundo e terceiro que serán cámaras acuáticas.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625