Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O Servizo Eléctrico municipal conta cun novo vehículo que supuxo un investimento superior aos 60 mil euros
Data: 16-06-2017- 17:33 h.
1680 veces
NOVA

O Servizo Eléctrico do Concello de Tui contan dende hoxe cun novo vehículo que foi entregado pola empresa Talleres Robles, tras ser elixida no proceso de licitación aberta para o subministro deste vehículo.

Trátase dun furgón grúa de elevación Renault Master , equipado cunha grúa Versalift que acada unha altura de 12.8 metros, rotación de 360 graos e alcance lateral de 7,5 metros. O interior do furgón ven equipado con 3 andeis, 21 caixas amovibles, unha mesa de traballo con torno, un bloque de caixóns , con protección en madeira e chan antiesvaradizo.  O vehículo que ata o de agora viña empregando este servizo municipal pasará agora ao departamento de obras para realizar diversos labores.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na entrega do novo furgón, puxo de manifesto que esta adquisición, un investimento superior aos 60 mil euros, ven a remarcar a intención do goberno tudense de dotar aos servizos municipais dos mellores medios posibles, o que redunda na eficacia  e na seguridade dos traballadores municipais e no servizo que se presta aos veciños.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625