Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Técnicos municipais de Urbanismo asisten ao Congreso de Disciplina Urbanística en Santiago
Data: 16-06-2017- 16:59 h.
319 veces
NOVA

Dende a concellería promóvese a participación en seminarios e cursos para actualizar os coñecementos do persoal deste departamento

 

A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, xunto aos técnicos do departamento de Urbanismo asisten ao Congreso de Disciplina Urbanística organizado pola APLU, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio , que dende onte se celebra en Santiago.

Nestas dúas xornadas analízanse as principais cuestións de actualidade no eido urbanístico. Dende a concellería de Urbanismo fai unha aposta clara pola formación continua do persoal deste departamento, de tal xeito que a asistencia a esta Congreso é unha das  actividades de formación/información nas que participan os técnicos municipais co obxectivo de coñecer os cambios normativos ou lexislativos que se van producindo no urbanismo.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625