Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Tui participa nunha visita de municipios irmandados con Versmold
Data: 19-05-2017- 16:33 h.
1280 veces
NOVA

Acudiron os concelleiros Yolanda Rodríguez, José Ramón Magán e representantes de municipios de Serbia e Polonia

 

Tui. Venres, 19 de maio de 2016. A concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e o concelleiro de Emprego, José Ramón Magán, participan dende onte e ata o domingo nunha visita a Versmold, en Alemaña, cidade irmandada con Tui. Tamén están presentes representantes de municipios de Serbia e Polonia irmandados tamén coa cidade alemá.

Tras ser recibidos no día de onte polo burgomaestre, Michael Meyer-Hermann, esta mañá os representantes municipais  visitaron a empresa de embutidos Reinert, e asistiron posteriormente a un encontro  no que se estudaron as posibilidades de por en marcha un proxecto de formación en Versmold para mozos, de cara a súa posterior inserción laboral. 

Mañá sábado está prevista unha visita guiada á cidade e a distintas instalacións municipais e pola tarde Yolanda Rodríguez e José Ramón Magán participarán na celebración do quinto aniversario de irmandade Versmold-Serbia. Por último o domingo achegaranse ao afamado mercado do espárrago e á reserva natural de Bockhorst.

Tui e Versmold están irmandados dende 2013, estreitándose dende entón as relacións entre as dúas cidades. Nas pasadas festas de San Telmo achegouse ata Tui un grupo de veciños de Versmold. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625